A aprobación da Directiva comunitaria sobre prácticas comerciais desleais na cadea alimentaria en 2019, comportou a modificación en 2021 da Lei 12/2013, do 2 de agosto, para outorgar a AICA novas funcións como punto de contacto para a cooperación coa Comisión Europea e coas autoridades de execución doutros países da Unión Europea.
Ademais, a Directiva insta as autoridades de execución dos Estados membros a cooperar para garantir unha formulación común na súa aplicación e a prestarse asistencia mutua, para o que a Comisión organiza reunións periódicas e grupos de traballo nos que AICA participa.